A campaña de sensibilización contra o furtivismo que se levará a cabo a través de cartelería colocada ao largo do concello de Carnota e tamén camisetas para os/as pescadores/as e mariscadores/as das Confrarías de Lira e O Pindo así como para os/as participantes do campamento “Aldea de Verán”, vai dirixida tanto a poboación local como a visitantes.

Do deseño da cartelería e da camiseta encargouse a marca galega reizentolo.

O acto de entrega de camisetas aos nenos e nenas do campamento tivo lugar ás 12:30 no campo do Viso.

Ao acto acudiron a tenente alcalde, Merche Noceda, o patrón maior da Confraría de Lira, J. Mariano Lago e a presidenta da Confraría de Pescadores do Pindo, Merche Díaz que lle transmitiron a estas xeracións máis novas a necesidade de concienciación sobre o furtivismo así como as repercusións que acarrean pequenas accións de retirada de produtos do mar de maneira furtiva, tanto para consumo doméstico como para a súa venda, no sector da pesca e marisqueo; ademais das posibles sancións, xa que o furtivismo está considerando un delito.