O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación ALDEA DE VERÁN dende o 10 ao 15 de xuño.
O campamento vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Consulta as bases aprobadas por resolución de alcaldía o día 09/06/2020.
Os/as interesados/as poden descargar o impreso de solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do Concello de Carnota.
Para máis información pode dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ao 981857032.