O Concello de Carnota presenta unha programación de verán do máis completa, cargada de propostas lúdicas, repartidas nos meses de xullo e agosto. Para a maioría delas é necesario inscribirse previamente no Concello, achegando os datos requiridos para cada caso, e asinar a autorización correspondente.

No caso de modificacións ou cancelacións por circunstancias xustificadas, o Concello avisará puntualmente a través da web do Concello (www.carnota.gal) ou do páxina de Facebook.

Todas as actividades seguirán os protocolos estipulados polas autoridades sanitarias en relación coa Covid-19.

Máis información no departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota ou chamando ao 981857032.