A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras do PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALARÍA E AXENCIAS DE VIAXES, consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera das epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes) e 68 (hospedaxe), no grupo 755 (axencias de viaxe) ou na epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas).

  • Que teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.

  • Que non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 72, do 20 de abril de 2021, ou a través da seguinte ligazón: 

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.pdf

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible (9 millóns de euros).

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local na web https://pel.gal/ e no Facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
  • DEPARTAMENTO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CARNOTA