A través do Pel- Reactiva 2020, a Deputación e o Concello de Carnota destinan 60.246,82 euros a 32 autónomos/as e microempresas do municipio afectados pola crise da Covid-19.
Un total de 32 autónomos/as e microempresas do concello de Carnota recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva para paliar as consecuencias económicas da pandemia no último ano.
As subvencións van dirixidas a negocios que tiveron que paralizar a súa actividade pola Covid ou que viron diminuída a súa facturación nun 75% con respecto ao semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.
O seu destino é sufragar gastos realizados entre marzo e decembro do ano pasado, ben sexa en materiais e subministracións vinculados directamente coas medidas de prevención contra o virus ou ben en alugueiro de locais, vehículos, maquinaria e instalacións, gastos en seguros ou subministracións.
Rematado o prazo de xustificación o pasado 31 de marzo, o Concello está a proceder ao aboamento aos beneficiarios/as do importe xustificado sobre a cantidade concedida.
Así, en conxunto, sobre un fondo total de 60.000 €, os beneficiarios/as da subvención xustificaron, segundo os gastos subvencionables recollidos nas bases da convocatoria, un total de 46.501,29 €, que se corresponde co 77,5% do total.
Polo esgotamento do crédito inicialmente dispoñible, quedaron non estimadas 14 solicitudes acollidas ao grupo I (cese de actividade) e 2 solicitudes do grupo II (redución de facturación), que quedaron á espera de que se dote novo crédito dispoñible, para o seu recoñecemento como beneficiarios/as estimados e a súa notificación e posterior xustificación.