O próximo 23 de abril celebraremos o Día do Libro con “Estrafalaria”, de Xarope Tulú, un espectáculo de narración oral en lingua galega para público infantil e familiar, a partir dos 3 anos de idade.
Os personaxes que interveñen na historia levan a peculiaridade e a diferenza como bandeira, de modo que o espectáculo axudará a que nenas e nenos entendan a diversidade como algo enriquecedor.
Sinopse:
Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Carlota déralle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran raras de todo. Pero eu sempre pensei que iso de ser rara é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?
Data: 23 de abril
Hora: 16:30 h
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Inscrición previa:
Servizo de Normalización Lingüística (cultura@carnota.gal | 981 106 331)
Ata o 22 de abril ás 14:00 h
Prazas limitadas: 30 prazas.
Esta actividade desenvólvese a través do SNL da agrupación dos concellos de Carnota e Mazaricos, no marco do programa de dinamización lingüística Apego, e conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.



