Vai facer un ano que salía a luz o videoclip de “Illas de Sal” onde a pequena Sofía Souto Carballido aparece bailando na praia de Carnota co maxestoso Monte Pindo ao fondo e que nos deixaba a todos/as fascinados.
O vídeo supera xa as 50.000 mil visualizacións en youtube e visibiliza dous dos lugares máis coñecidos do Concello.
Hoxe recibíamos a nova de que o videoclip é finalista aos Premios Mestre Mateo 21 da Academia Galega do Audiovisual na categoría de mellor videoclip e o Concello de Carnota quere aproveitar a ocasión para agradecer, unha vez máis, a Xabier Díaz, as Adufeiras de Salitre e a todo o equipo que elixiran como escenario da gravación do single “Illas de Sal” a Carnota e esperemos que a Praia de Carnota lle traia moita sorte.