Proxecto EIXO

O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña vai impartir  un curso de formación de “LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS”.

Trátase dunha acción formativa teórico-práctica que se realizará nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria da formación.

Ademais da formación teórico-practica o curso inclúe tamén obrigatoriamente formación transversal en materia de igualdade de oportunidades, formación en idiomas e fomento de utilización das tecnoloxías da información e comunicación.

Tamén se inclúen 80 horas de prácticas en empresas e 60 horas de formación en Prevención de riscos Laborais.

A data de inicio, está  prevista para mediados do mes de marzo.

Tamén se prevé a concesión dunha axuda/bolsa económica para as persoas participantes.

REQUISITOS DO ALUMNADO:

-Ter entre 16 e 30 anos de idade.

-Estar inscritos/as nalgunha das Oficina de Emprego da provincia da Coruña.

-Estar empadroado/a nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

-Estar rexistrado/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía  Xuvenil 

NON SE ESIXEN REQUISITOS ACADÉMICOS

https://garantiajuvenil.sepe.es/login.acton

DOCUMENTACIÓN PARA A INSCRICIÓN:

– Ficha de solicitude completamente cuberta e asinada.

– Ficha de historial da persoa candidata cuberta e asinada e CV formativo e profesional.

– Copia do DNI por ambas as caras.

– Tarxeta ou documento que acredite o número de afiliación á Seguridade Social.

– Certificado/volante actualizado de empadroamento.

– Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego).

– Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Para obter este documento hai que acceder á zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descargalo en formato pdf no apartado de “notificacións” (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action).

LUGAR E PRAZO DE INSCRICIÓN:

As inscricións formalizaranse no Departamento de Promoción Económica do Concello de Carnota  ata o 4 de marzo.

LUGAR DE REALIZACIÓN: Muros