Rematado o prazo para a presentación de vídeos ao CONCURSO VIRTUAL DE ENTROIDO, reuniuse o xurado, formado por 3 membros, persoal laboral do Concello de Carnota, e ditou o seu fallo, quedando os resultados da seguinte maneira:

NA CATEGORÍA INDIVIDUAL:

 

Nesta categoría foi na que máis participación houbo e os premiados foron:

 

Terceiro premio para Catalina con QUERO VER ÁS MIÑAS AVOAS.

Unha Carapuchiña moi linda!!!!!

O seu premio, un vale por 30 € para gastar nun local / negocio de Carnota.

 

O segundo premio vai para Andrea Daniela, unha PELIQUEIRIÑA ben pequena,

cun disfrace moi traballado, lembrándonos un dos entroidos máis recoñecidos do noso país.

Leva un vale por valor de 40 €.

 

O gañador foi Ramón, de San Mamede, un peliqueiro moi especial,

cun traxe feito a man, que chegou coma un TITIRITEIRO DO MUNDO ENTEIRO.

O seu premio, un cheque por valor de 60 € para gastar nun negocio de Carnota.

CATEGORÍA POR PARELLAS:

 

Houbo moito nivel aquí, pero había que tomar una decisión e quedou así:

 

Terceiro premio para Xiana e Begoña,

con O PALLASO E O GATIÑO TOLO,

que nos bailan ao ritmo dunha mítica canción entroideira.

Levan un vale por valor de 50 €.

 

Segundo premio para os irmáns Xoel e Breogán,

que son uns astronautas do máis simpático, con nave incluída.

Estes ASTRONAUTAS VIAXEIROS

gañan un cheque por valor de 60 €.

 

E os gañadores son os irmáns Iker e Valeria, que  foron o máis!!!!!

Rockeiros e con composición propia, fálannos do Entroido tradicional. Son os SEBARROSERS.

O seu premio, un cheque por valor de 90 € para gastar nun negocio de Carnota.

CATEGORÍA GRUPAL/COMPARSA:

 

Así como nas outras categorías houbo varios vídeos e foi moi difícil a escolla, nesta de grupo só se presentou unha  familia.

 

Representando un RAMO DE ROSAS MULTICOLOR.

Nai e fillos/as forman un lindísimo ramo que aleda o Entroido.

Para eles o premio é un cheque por valor de 150 € para gastar nun negocio de Carnota.

Queremos mandar un GRAZAS moi grande a todos e todas os/as participantes, por conseguir que, dun xeito ou doutro, se celebrara o Entroido !!!!!