Informamos sobre como afectan as medidas publicadas no DOG do 15 de febreiro (nº 30-Bis) ás actividades culturais, deportivas, Biblioteca e Escola Municipal de Música. Estas novas medidas entrarán en vigor ás 00:00 do 17 de febreiro (a medianoite do martes para o mércores).

 

DEPORTE:

A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

Peche de ximnasios, piscinas, centros deportivos… Polo tanto, as escolas deportivas seguen pechadas.

Retómanse os adestramentos e competición federada de ámbito autonómico.

 

CULTURA:

A Escola Municipal de Música comeza o luns 22 coas clases presenciais nos horarios habituais, agás canto e vento, que manteñen os horarios que xa tiñan pero con clases virtuais.

Permítense os espectáculos e actividades culturais, pero sen superar o 30% da capacidade máxima dos espazos ou locais.

 

BIBLIOTECA:

As bibliotecas abren ao público, ao 30% da capacidade máxima permitida. A Axencia de Lectura Municipal de Carnota continuará funcionando exclusivamente con servizo de préstamo e devolución, mantendo un período de corentena para os materiais que se devolvan. Non se permiten a lectura en sala, o acceso libre á colección nin o uso de equipos informáticos.

Pode consultarse a norma completa aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210215/2566/AnuncioC3B0-150221-1_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210215/2566/AnuncioC3K1-150221-2_gl.html