Debido ás novas restrincións publicadas no DOG do 26 de xaneiro (Nº 16-Bis) que entran en vigor o 27 de xaneiro ás 00:00 e ata o 17 de febrero de 2021, o Concello de Carnota informa sobre como afectan estas medidas ás actividades culturais e deportivas así como a Escola Municipal de Música: 

ESCOLA DE MÚSICA

As ESCOLAS DE MÚSICA están consideradas como CENTROS EDUCATIVOS, ao igual que Conservatorios e Escolas Oficiais de idiomas, e suspéndense obrigatoriamente por decreto as clases presenciais, pola mobilidade que estes centros provocan, según explicou onte o Conselleiro. A mobilidade nestes centros é moito maior, xa que soe acudir alumnado doutros municipios, por iso se suspenden as presenciais, NON PORQUE O RISCO DE CONTAXIOS SEXA MAIOR NESTES CENTROS. E certamente isto, pasa tamén na nosa Escola, xa que unha boa parte do noso alumnado é de concellos limítrofes.

Por todo isto:

  1. Suspéndense as clases presenciais, dende mañá mércores 27 de xaneiro ata o mércores 17 de febreiro, ambos incluídos.
  2. As clases poderán ser online, polo que as/os cinco Mestres/as da escola, poñeranse en contacto co seu alumnado nestes días vindeiros, tanto de instrumento como de Linguaxe, e poderán quedar dacordo no xeito de seguir coa docencia, aínda que sexa de xeito telemático.
  3. Como pasou no anterior confinamento, a ESMU pecha as portas do edificio, pero segue aberta a toda persoa que estea interesada en facer preguntas, mandar dúbidas, etc.
  4. A cota correspondente ao pago do mes de febreiro non se terá que pagar, xa que, as clases como tal non serán dadas, polo que o Concello de Carnota decide que non se cobrará ese mes.
  5. Os Mestres atenderán ao alumnado a través do whatasapp /Messenger da ESMU/ no telf. 981857032 extensión 4 (en horario de mañá) ou no correo esmu@carnota.gal

 Permanecede atentos/as ás nosas Redes Sociais para calquer aviso, e confiemos en que o 18 de febreiro poidamos volver presencialmente.

CULTURA

En relación ás actividades culturais, quedan suspendidos todo tipo de espectáculos, polo que a programación prevista para o ENTROIDO queda cancelala.

DEPORTES

Todas as actividades deportivas quedan canceladas dende o mércores 27 de xaneiro ata novo aviso.

En canto as medidas permitidas sobre o deporte, soamente se permite a realización de deporte individual, ao aire libre, sempre con máscara e no propio concello.

Máis información:

BIBLIOTECA

A Biblioteca Municipal permanerá pechada ao público a partir do mércores 27 de xaneiro e ata novo aviso. Quen desexe devolver ou levar libros en préstamo pode facelo hoxe, ata as 14:30 h. Os préstamos activos da data de peche prorrogaranse ata que volva abrir.

Informaremos sobre as medidas que se vaian adoptando en relación co servizo a través das canles habituais. 

Se precisades contactar coa Biblioteca, podedes facelo polos seguintes medios:

Grazas pola  vosa comprensión.

Cóidense moito!