O concello de Carnota vai asinar un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento do Programa Xantar na Casa. Este é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores.

Vai dirixido a persoas empadroadas e residentes no noso municipio e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio.
  • Persoas dependentes.
  • Persoas menores de 60 anos en risco de exclusión.

Se estás interesado, ponte en contacto do Departamento de Servizos Sociais.