CURSO DE FORMACIÓN

Asunto: PEL_SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, o desenvolvemento dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático, de carácter gratuito:

AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 h de formación teórica e 80 h de formación práctica).

AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 h de formación teórica e 80 h de formación práctica).

A formación teórico-práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade da Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais, con data de inicio prevista para mediados de febreiro, e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso dun número elevado de inscricións , só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello.

O prazo de inscrición será ata o próximo VENRES  5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas.

Se estás interesado, infórmate no Departamento de Promoción Económica do Concello de Carnota ou nos teléfonos: 981857032 e 672304753/610229385