Dende o 1 de xaneiro de 2021 todas as persoas demandantes de emprego terán que volver a renovar a súa demanda na data en que a cada un/unha lle corresponda.

Dende o día 4 de decembro do 2020 está operativo o terminal para renovar a demanda de emprego mediante a identificación dactilar.

Emprego de Galicia pon en marcha unha nova canle de renovación que consiste en remitir por correo electrónico ou por SMS, un PIN de 4 dixitos a todas as persoas demandantes.

Unha vez que a Oficina de Emprego lle remite o PIN, deberán seguir os seguintes pasos:

  1. Ir á seguinte ligazón: emprego.xunta.gal
  2. Opción de renovar a demanda de emprego
  3. Renovación da demanda
  4. Renovación con PIN