Debido a mellora da evolución epidemiolóxica, Carnota pasa a nivel básico de restricións e recupera a mobilidade a partir das 00:00 do 5 de xaneiro.

Resumo restricións nivel o básico:

  • Restrinxida a mobilidade nocturna entre as 23:00 e as 6:00 h.
  • Agrupacións de máximo de 6 persoas excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
  • Hostalería 50% de aforo no interior, 75% en terraza e peche ás 23.00h.

Durante o día 6 de xaneiro permitirase a mobilidade por toda a Galicia por visitas familiares entre as 6:00 e as 23:00 h.

Reiteramos a importancia de seguir respectando as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

Recordámosvos que a Xunta de Galicia ten habilitado o seguinte número de atención e información á cidadanía: 012

Máis infomación en: coronavirus.sergas.gal