O pasado 16 de decembro publicáronse no DOG Núm. 252-Bis novas medidas para facer fronte á crise sanitaria, que afectaron ao noso municipio.

Debido á incidencia acumulada de casos activos en Carnota, a partir das 00.00 horas do 17 de decembro de 2020 quedaba restrinxida a entrada e a saída de persoas dentro do ámbito territorial do concello de Carnota.

As ditas restricións, que continúan a día de hoxe en vigor, resúmense en:

  • Non se pode saír do municipio sen causa xustificada.
  • Hostalería 30% no interior, 50% en terraza e peche ás 17.00h.
  • Agrupacións dun máximo de 4 persoas, conviventes ou non.
  • Actividades culturais e deportivas: máximo 250 persoas en interior e 500 en exterior.
  • 1/3 da capacidade nos lugares de culto.
  • Restrinxida a mobilidade nocturna de 23.00 a 6.00 horas.

Reiteramos a importancia de seguir respectando as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias:

  • Uso de máscara.
  • Limpeza de mans ou uso de xel hidroalcólico.
  • Manter a distancia social recomendada.
  • Evitar as aglomeracións de xente.
  • Evitar desprazamentos innecesarios.

Agora máis que nunca solicitamos a colaboración de todas e todos no cumprimento destas medidas para poder saír o máis axiña posible desta situación. 

Recordámosvos que a Xunta de Galicia ten habilitado o seguinte número de atención e información á cidadanía: 012

Máis infomación en: coronavirus.sergas.gal

Consulta aquí o protocolo de Nadal establecido pola Xunta de Galicia, con recomendacións sobre as reunións e os desprazamentos.