A partir do 23 de decembro entran en funcionamento novos servizos de transporte público en Carnota polo que gozará de máis conexións mellor axustadas para cubrir as necesidades de desprazamento. Para facilitar que a información sobre os servizos de transporte público cheguen con claridade a todas as persoas e institucións interesadas, a Xunta de Galicia mantén habilitado o sitio web Bus.gal. Nel, os usuarios poden botar man da ferramenta de planificación da súa viaxe que indica todas as liñas que pasan polo punto de orixe e destino indicados.