O Concello de Carnota estreou recentemente nova sinalización turística que inclúe paneis de benvida e paneis informativos situados nalgúns dos lugares máis emblemáticos do Concello (monumentos, espazos naturais e praias). Os paneis ubicados nas inmediacións dalgúns dos elementos patrimoniais, contan con un código QR onde poder completar a información. A lectura destes paneis pódese facer en galego, castelán inglés e braille.

Pero sen dúbida, o que máis repercusión está a ter son as letras de cores co topónimo de “Carnota” instaladas na Praza de Galicia, moi próximas á oficina de Turismo municipal.

As letras simbolizan o apoio a/os afectados/as pola COVID19. Para que podan ser visibles tamén pola noite, está prevista a instalación duns focos que iluminen as letras. O Concello quere así dar un pouco de cor e luz a este ano tan gris.

A instalación destas letras xunto con outras sinais turísticas colocadas nos lugares máis emblemáticos do Concello así como paneis de benvida foi posible grazas a un convenio firmado ca Axencia de Turismo da Xunta de Galicia.