Dende o Departamento de Deportes do Concello de Carnota informamos das actividades deportivas que ofertamos para o curso escolar 2020/2021, para as que é preciso realizar unha inscrición previa no teléfono 647459445, en deportes@carnota.gal ou no Departamento de Deportes do Concello.

Debido a situación actual, o aforo é limitado con os grupos reducidos, polo que as inscricións irán por orden de presentación de solicitudes.

As actividades comezarán o 1 de decembro.

Bule a inscribirte!!!!

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA NENOS E NENAS

  • Baile activo (aeróbic para nenos/as):
    • Para a rapazada de 4 a 10 anos: os venres de 17:45 a 18:30
    • Para a rapazada de 11 a 14 anos: os venres de 19:00 a 19:45

No Pavillón de Carnota. 10 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

        Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Dance Sport (TikTok, técnica de baile): para a rapazada de 5 a 12 anos. Os mércores de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Carnota. 20 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

       Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.

  • Fútbol:
    • Biberóns: para a rapazada nacida no 2015, 2016 e 2017. Os xoves de 16:30 a 17:30 no Pavillón de Lamas de Castelo. 5 €/mes. Sen contacto.
    • Prebenxamíns: para a rapazada nacida no 2013 e 2014. Os martes e venres de 16:30 a 17:30 no Campo de Fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
    • Benxamíns: para a rapazada nacida no 2011 e 2012. Os mércores de 16:30 a 17:30 e os sábados de 11:00 a 12:00 no Campo de fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
    • Alevíns: para a rapazada nacida no 2009 e 2010. Os martes e venres de 18:00 a 19:00 no Campo de Fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
    • Infantil: para a rapazada nacida no 2007 e 2008. Os mércores de 18:00 a 19:00 e sábados de 12:30 a 13:30 no Campo de fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
  • Single (coreografía de baile individual, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada de 12 a 16 anos: os mércores de 19:15 a 20:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

          Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Taekwondo (técnica, motricidade e acrobacias): para a rapazada a partir de 3 anos. Os mércores de 16:30 a 17:30 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

          Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADOLESCENTES E PERSOAS ADULTAS

  • Baile activo (ponte en forma bailando): a partir de 15 anos. Os martes e venres de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.

          Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Dance Sport (tik tok, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada entre 5 e 12 anos. Os mércores de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Carnota. 20 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

         Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.

  • Estiramentos: a partir de 16 anos. Os martes de 19:15 a 20:00 ou de 21:30 a 22:15 no Pavillón de Carnota. 10 €/mes.

         Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • GAP (glúteos, abdominais e pernas): a partir de 16 anos. Os luns e xoves de 19:00 a 19:45 ou de 21:30 a 22:15 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.

         Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Queimagraxas: a partir de 16 anos. Os luns e xoves de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.

        Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Single (coreografía de baile individual, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada a partires de 16 anos: os mércores de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

       Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Ximnasia en Lariño (grupo suave): para persoas adultas. Os luns e xoves de 17:00 a 17:45 no Centro Social Xosé de Torea. 15 €/mes para os socios da asociación de veciños e 18 €/mes para as que non o son. 10 persoas/grupo. Sen contacto.

       Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.

  • Ximnasia de mantemento sénior (> 65 anos): a partir dos 65 anos. Os martes e venres de 16:30 a 17:30, ou de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Lamas de Castelo. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.

       Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.