No DOG  Nº 233 de hoxe publicase a orde ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A). 

As persoas beneficiarias son traballadores/as autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020,do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

Prazo de solicitude: ata o 18 de Decembro do 2020.

Descargar a orde  

Accede ao trámite