Hoxe o alcalde, Juan Manuel Saborido, e a tenenta de alcalde, Merche Noceda, reuníronse coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para retomar e intentar solucionar un dos temas que máis preocupa á veciñanza, o saneamento de Lariño.

O alcalde e a tenenta alcalde teñen tamén unha cita pendente coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel María Vázquez Mourelle, para trasladarlle a problemática e poder dotar a parroquia de Lariño do tan desexado saneamento.