Como consecuencia da COVID-19, a finais de marzo, o Concello de Carnota tomaba a decisión de aprazar para o mes de outubro a IX edición do Víndemo Ver, que se celebra cada ano en Semana Santa.

A intención era conservar a programación e contar cos mesmos profesionais, artesáns, grupos musicais, etc. 

Pero lamentablemente, tendo en conta a evolución da pandemia, o Concello de Carnota decide cancelar a celebración da Feira de Promoción Local VÍNDEMO VER 2020 prevista para os días 10, 11 e 12 de outubro de 2020.

Rogámoslles que desculpen as molestias que a cancelación poida ocasionar, pero esta decisión está tomada apelando á responsabilidade e ao interese común.

Seguiremos traballando con máis ganas, se cabe, na organización do Víndemo Ver 2021!!