Chega un agosto cheo de actividades para público de todas as idades.

O xoves 6 ás 22:30h no Campo do Viso, proxección para público familiar de “Mia y el león blanco”; película que trata de fondo o tema do amor aos animais e do coidado do planeta.

O xoves 13 ven cargadiño. Pola mañá, no campo do Viso, ás 11.30h, teatro infantil con Malasombra e a súa “Tartaruga Manola”. Un conto con persoaxes divertidos e que emprenderán unha viaxe que cambiará as súas vidas para sempre. E pola noite, ás 22.30h, na pista da Casa do Mar de Lira, proxección da película “Eroski Paraíso” cos grandes Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira como protagonistas. ¿Quen non lembra as súas andanzas polo Paraíso?

O Venres 21 aterra en San Mamede un contacontos musicado da man do “Bardo Abelardo”. Teatro para público infantil con música en directo, no campo do Viso ás 11.30h.

O xoves 27 chega outra película ao aire libre en Lariño, para úblico familiar, ás 22.30h na Gándara proxectarase “Playmóbil, la película”, onde un rapaz desaparece do seu mundo e entra no mundo playmóbil. A súa irmá loitará para traelo de volta á casa, e no proceso vivirán incontables aventuras con diversos e fantásticos persoaxes.

E o venres 28 despedimos agosto cun espectáculo familiar de clown para todos os públicos, infantil e adulto, porque “Peter Punk pallaso” fai rir e participar a todas as persoas de 3 a 100 anos.