O Concello de Carnota realizará, no marco da programación cultural deste verán, 5 sesións de CINE AO AIRE LIBRE dentro do programa “XOVES DE CINE”.
Cada xoves terá lugar a proxección dun filme en cada unha das 5 parroquias, tal e como segue:
- “O que arde”, o 9 de xullo na Praza da Solaina, no Pindo.
- “El parque mágico”, o 23 de xullo na Praza San Gregorio de Carnota.
- “Mia y el león blanco” , o 6 de agosto, no Campo do Viso, San Mamede.
- “Eroski Paraíso”, o 13 de agosto, detrás da Casa do Mar, en Lira.
- “Playmobil”, o 27 de agosto, na pista da Gándara, en Lariño.
Todas as películas comezarán ás 22:30 h e estarán abertas a todos os públicos.
A organización levarase a cabo seguindo as normas e recomendacións das Autoridades Sanitarias de prevención do contaxio por COVID-19. Haberá zonas acoutadas para garantir a distancia de seguridade, cadeiras desinfectadas e xel hidroalcohólico para a limpeza das mans. Será obrigatorio que os/as asistentes traian cadansúa máscara de protección.