Onte publicábase o comunicado oficial da ᴄᴀɴᴄᴇʟᴀᴄɪᴏ́ɴ ᴅᴏ 7º Cɪʀᴄᴜɪ́ᴛᴏ Cᴏʀʀᴇɴᴅᴏ ᴘᴏʟᴀ Cᴏsᴛᴀ ᴅᴀ Mᴏʀᴛᴇ, e como consecuencia, tamén da XXIX Carreira das Areas do Concello de Carnota, debido á situación xerada pola crise sanitaria da COVID-19.

O 2 de agosto estaba prevista a realización no noso concello da edición número 29 da proba deportiva por excelencia organizada en Carnota. Nos últimos anos superouse a estremecedora cifra de 1.000 persoas inscritas e tanto para a organización coma para todas estas persoas era, sen dúbida, un gran día de festa.

Este ano vémonos na obriga de tomar esta dura decisión para garantir a saúde e a seguridade de todas as persoas participantes, así como dos nosos veciños e veciñas.

Grazas a todos e a todas pola vosa comprensión.

Volveremos no 2021 con máis ilusión e gana que nunca!

Ver comunicado