A partir de mañá día 4 e ata o venres 19 xuño, estará aberto o prazo para matricularse na ESMU para o curso 20/21.

Pódese presentar a solicitude presencialmente na oficina de Cultura do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres ou a través da Sede Electrónica do Concello de Carnota.

Para formalizar a solicitude terá que cumprimentar a ficha de inscrición todo o alumnado, tanto os que continúan cos seus estudos coma os que os queren comezar este ano.

No caso de que queden prazas libres, abrirase un segundo prazo en setembro.

Consulta a oferta de materias e matricúlate. Non quedes sen a túa praza.

Máis información no Departamento de Cultura ou chamando ao: 981857032