O próximo luns 11 de maio retómase a atención presencial dos seguintes servizos nas dependencias do Concello de Carnota, sempre con cita previa:

    •  Administración xeral: 981857032
    •  Rexistro: 981857032 Ext. 6
    • Urbanismo: 981857032 Ext. 3

Algúns servizos xa se veñen prestando de forma presencial durante o estado de alarma como:

    • Servizos Sociais: 981857032 Ext.2
    • Alcaldía: 981857032
    • Tenencia de Alcaldía: 981857032
    • Policía Local: 981857032 Ext.5
    • Brigadas, Obras e Limpeza.

O resto dos servizos seguirán prestándose como se vén facendo dende o comezo do estado de alarma, vía telemática. O persoal dos diferentes departamentos irase incorporando  ao seu posto físico no Concello  de maneira progresiva, segundo as recomendacións das autoridades sanitarias. Para calquera consulta ou xestión, poñemos á  vosa disposición os teléfonos de contacto de cada área:

    • Orientación Laboral: 981 857 032 Ext. 7
    • Cultura e Deportes: 981 857 032. Ext. 4
    • Axencia de Lectura Municipal: 981 106 331 ou 981 857 032. Ext. 1
    • Desenvolvemento Local: 672 304 753
    • Turismo: 647 461 544

Non se atenderá nas dependencias municipais a ningunha persoa sen cita previa, a non ser que se trate dunha xestión considerada de urxencia. Recordamos á cidadanía que seguimos en estado de alarma e facemos un chamamento para seguir cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias, como o utilizar  máscara e gardar a distancia de seguridade, entre outras. Para solicitar cita previa, pódese facer vía telefónica ou cubrindo o seguinte FORMULARIO DE CITA PREVIA na sede electrónica do Concello, no apartado “Outros Servizos”, ao que se pode acceder premendo neste enlace: https://sede.carnota.gal/opencms/gl/cita/index.html