O próximo luns 11 de maio retómase a atención presencial dos seguintes servizos nas dependencias do Concello de Carnota, sempre con cita previa:
-
- Administración xeral: 981857032
- Rexistro: 981857032 Ext. 6
- Urbanismo: 981857032 Ext. 3
Algúns servizos xa se veñen prestando de forma presencial durante o estado de alarma como:
-
- Servizos Sociais: 981857032 Ext.2
- Alcaldía: 981857032
- Tenencia de Alcaldía: 981857032
- Policía Local: 981857032 Ext.5
- Brigadas, Obras e Limpeza.
O resto dos servizos seguirán prestándose como se vén facendo dende o comezo do estado de alarma, vía telemática. O persoal dos diferentes departamentos irase incorporando ao seu posto físico no Concello de maneira progresiva, segundo as recomendacións das autoridades sanitarias. Para calquera consulta ou xestión, poñemos á vosa disposición os teléfonos de contacto de cada área:
-
- Orientación Laboral: 981 857 032 Ext. 7
- Cultura e Deportes: 981 857 032. Ext. 4
- Axencia de Lectura Municipal: 981 106 331 ou 981 857 032. Ext. 1
- Desenvolvemento Local: 672 304 753
- Turismo: 647 461 544
Non se atenderá nas dependencias municipais a ningunha persoa sen cita previa, a non ser que se trate dunha xestión considerada de urxencia. Recordamos á cidadanía que seguimos en estado de alarma e facemos un chamamento para seguir cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias, como o utilizar máscara e gardar a distancia de seguridade, entre outras. Para solicitar cita previa, pódese facer vía telefónica ou cubrindo o seguinte FORMULARIO DE CITA PREVIA na sede electrónica do Concello, no apartado “Outros Servizos”, ao que se pode acceder premendo neste enlace: https://sede.carnota.gal/opencms/gl/cita/index.html