Como afecta a crise da COVID-19 á xuventude?

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon a disposición da mocidade un cuestionario en liña para coñecer a súa situación, as súas inquedanzas e as súas propostas ante a realidade actual e o futuro inmediato.

O obxectivo desta ferramenta participativa é reforzar a relación directa coa mocidade no marco deste novo escenario, co fin de orientar os recursos e os programas de actividades que a Xunta de Galicia impulsa no ámbito da Xuventude, e promover a participación activa das mozas e dos mozos na construción e desenvolvemento da sociedade actual e futura.

A enquisa vai dirixida a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos e o prazo de participación remata o 14 de maio.

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18768-como-afecta-a-crise-do-covid-19-a-xuventude