A Xunta de Galicia publicaba no DOG do 28 de abril de 2020 unha orde da Consellería de Medio Rural pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 na que se adoptan medidas de carácter obrigatorio sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.

Esta orde no artigo catro recolle o seguinte:

  • As persoas agricultoras e viticultoras profesionais que estean de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos.
  • As persoas que dispoñan de cultivos  de autoconsumo, sen  fin comercial, que non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar desprazamentos a zonas de cultivo sempre que a distancia percorrida non superen os 5 km da vivenda habitual. En ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na finca e deberanse respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

No caso das persoas non profesionais, a xustificación do desprazamento poderá realizarse coa presentación do carné de aplicadora/manipuladora de produtos fitosanitarios pero, en todo caso, deberán levar unha declaración responsable na que conste a identificación das parcelas nas que se realizará o traballo, o tipo de cultivo e a declaración de que, durante o último ano, se viñeron realizando actividades agrarias de autoconsumo nese predio.

Ver orde completa.

*Descargar modelo de declaración responsable