Poderán realizar esta petición todas as empresas con expediente de regulación de emprego presentado como consecuencia do Covid19, debidamente autorizado e comunicado pola autoridade laboral da Xunta de Galicia, en favor das persoas traballadoras afectadas polo expediente e que queiran formular un anticipo.

A comunicación da información necesaria para a tramitación dos anticipos regulados no convenio de colaboración realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no cal se inclúen una serie de declaracións responsables que deberán achegar as empresas.

O prazo de presentación da comunicación estenderase desde o mesmo día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (27 de abril) ata o 30 de outubro de 2020.