O Concello de Carnota, un ano máis, puxo en marcha un operativo para a loita contra a Vespa Velutina.

Dende principios do mes de marzo Protección Civil  instalou un total de 130 trampas que están repartidas por todo o municipio. Así mesmo cada quince días lévanse a cabo tarefas de control e mantemento destas.

Co fin de reducir o número de raíñas e contribuír a un maior control da praga que supón a Vespa Velutina, tamén foron repartidas trampas entre a veciñanza que as demandou.