Ante as excepcionais circunstancias que estamos vivindo, dende a área de Turismo do Concello de Carnota queremos achegar o noso gran de area creando un novo produto turístico que axude, por un lado, a levar mellor o confinamento, e por outro, a coñecer mellor o noso territorio.

A Guiaventura de Carnota é un itinerario turístico a modo de xincana polo centro da localidade que se realiza a través dun smartphone, accedendo á seguinte páxina web: www.guiaventuras.com.

Para realizala, deberás seleccionar “Carnota” e, una vez dentro, iniciarase unha aventura onde ti serás o protagonista. Debes buscar e seguir as pistas que te levarán a percorrer lugares con historia e fixarte en curiosos detalles que normalmente pasan desapercibidos. En cada escenario deberás buscar a resposta que che abrirá paso ao seguinte recurso. Resolve todos os enigmas e chega ao final da túa aventura.

Trátase dun innovador recurso concibido para o desfrute e a descuberta a un tempo dos atractivos turísticos de Carnota. Para quen xa coñece o territorio é unha fonte de entretemento e posta a proba dos coñecemento dos recursos locais; e para quen aínda non coñecen Carnota é un paseo virtual que invita a realizar o itinerario a pé nun futuro.

Ao finalizar o recorrido virtual terás a opción de valorar a guiaventura. Anímate!!