A situación que vivimos quebrou a nosa vida cotián e como ben dicía recentemente Fina Casalderrey no artigo Sementando albas: “estes días de obrigado retiro interior poden ser días para compartir, para descubrir, para comunicármonos, para estarmos un chisco máis preto uns dos outros, máis xuntos. A distancia física non xustifica o estarmos afastados”.

Deste xeito, ademais das recomendacións e propostas que xa temos publicado nos perfís sociais institucionais, queremos achegar algunhas das actividades das áreas de Cultura, Deportes e Turismo do Concello ás casas. Porque o que somos, o comunicarmos, o estar activos, a nosa cultura e o coidarmos trascende a toda circunstancia, e neste caso, a través das novas tecnoloxías:

#euadestronacasa: Mens sana in corpore sano

Os técnicos de Deportes do Concello propoñen adestramentos guiados en vídeos, para manter rutinas de exercicio físico e vida activa no fogar malia o confinamento. (Preme na imaxe para acceder á lista de reproducción)

Os beneficios da práctica de actividade física:
  • Aumenta a condición física en diferentes dimensións, como son a capacidade muscular, a resistencia aeróbica, o equilibiro, a mobilidade das articulacións, a flexibilidade, a axilidade e a coordinación física xeral.
  • Efectos favorables no metabolismo, na regulación da presión sanguínea e a prevención da obesidade.
  • Diminúe o risco de padecer enfermidades de tipo cardiovascular, osteoporose, diabetes e algúns tipos de cancro.
  • Contribúe a reducir a depresión, a ansiedade, a mellorar o humor e a habilidade para desenvolver as actividades da vida diaria.
  • Favorece o establecemento de relacións interpersoais, e polo tanto, contribúe de forma definitiva ao fortalecemento de redes sociais.

Clases da Escola Municipal de Música: a ESMU non para!

Se xa era recurrente o hashtag #aESMUnonpara, durante este confinamento este cobra máis sentido que nunca. O alumnado recibe exercicios dos profesores e profesoras e ademais, poden enviar vídeos de repaso.

Así mesmo, o profesorado está a subir vídeos prácticos en aberto que podedes ver nos perfís sociais da ESMU (Castor, Carlos, Moncho e Alianza) e as clases de Gemma na súa canle de Youtube:

Preme nas iconas e vídeos para acceder aos contidos:

#todovaisairben: Axencia de Lectura Municipal (ALM Carnota):

Nestes días de confinamento, mensaxes de ánimo e solidariedade, queremos compartir os debuxos da nosa rapazada. Podedes enviar os vosos debuxos ao correo cultura@carnota.gal  ? ?‍??‍?

Nestes días de confinamento, mensaxes de ánimo e solidariedade en forma de debuxo inundan as fiestras e as redes….

Publicada por Axencia de Lectura Municipal de Carnota en Martes, 31 de marzo de 2020

#Carnotaparatodos propostas dende a área de Turismo:

Abrindo fiestras virtuais ao exterior, no perfil de instagram @turismo.carnota podedes ver imaxes e vídeos do  Concello. Ademais, propoñemos compartir fotografías de lugares de Carnota que extrañas visitar co hastag #carnotaparatodos,  ao mesmo tempo que mostramos Carnota ao mundo.

Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Turismo Carnota (@turismo.carnota) el