Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego están pechadas ao público pero continúan traballando ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes.

Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), tense adoptado as seguintes medidas para as persoas en situación de desemprego:

NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.

  1. Suspéndense prazos na presentación de solicitudes: Non se recortan dereitos por presentar solicitudes fóra de prazo.
  2. Adoptáronse medidas de protección por desemprego para os/as traballadores/as afectados/as por suspensións de contrato e reducións de xornada (ERTEs).

Se unha persoa xa é perceptora de prestacións ou subsidios por desemprego:

  1. Durante este período a súa demanda permanecerá en alta sen necesidade de acudir á súa Oficina para renovala.
  2. Non se ten que solicitar a prórroga do subsidio, o pago manterase transcorridos os seis meses.
  3. Non se interromperá o pago dos subsidios por desemprego pola falta de presentación da Declaración Anual de Rendas (DAR) no caso de persoas beneficiarias do subsidio para traballadores maiores de 52 anos.
  4. NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
  5. NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
  6. Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.

Se a situación de desemprego se debe a:

  1. Se estás afectado por un expediente temporal de suspensión de contratos ou redución de xornada (ERTE) NON tes que facer ningún trámite para solicitar a túa prestación. Unha vez estea autorizado o devandito ERTE, a empresa remitirá os datos necesarios para iniciar a tramitación de oficio.
  2. Calquera outra causa non motivada por un ERTE. Hai que solicitar cita previa telemáticamente para ser atendido polo SEPE (indicando sempre un correo electrónico) e xa contactarán directamente desde a entidade.

Contacto:

Servizo estatal de emprego SEPE

www.sepe.es

A atención ás persoas interesadas en facer unha consulta, solicitar unha prestación/subsidio por desemprego ou facer trámites relacionados con estes, realizarase a través do sistema de cita previa virtual, ao que se pode acceder na seguinte ligazón:

sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=proce_ciudadanos/cita_previa.html

Unha vez solicitada a cita NON hai que acudir á oficina de prestacións; os xestores do SEPE poñeranse en contacto coa persoa interesada. É necesario encher o campo do correo electrónico no resgardo do recordatorio da cita.

POR FAVOR! Fai un uso responsable deste sistema e, antes de solicitar a túa cita, consulta as medidas adoptadas de oficio en relación ás prestacións e subsidios:

Servizo Galego de Emprego 

www.emprego.xunta.gal

TELEFONOS DA CONSELLERIA:
881999597 e 981545968