→ ACCESO ao Portal do Goberno de España de información á cidadanía con preguntas Frecuentes (FAQs) sobre as medidas do estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19. [VER LIGAZÓN]

 

02/04/2020: O Sistema de chaves concertadas de certificación electrónica CHAVE365, amplía a súa validez durante a vixencia do estado de alarma, sen necesidade de renovación. Publicación no DOG, nº 65 da Resolución da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) [VER LIGAZÓN]

01/04/2020: Publicación BOE do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 [VER LIGAZÓN]

01/04/2020: Publicación BOE do Real Decreto-lei 12/2020, de 31 de marzo, de medidas urxentes en materia de protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero. [VER LIGAZÓN]

01/04/2020: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) Modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, dirixida a inxectar liquidez inmediata polo impacto do COVID-19. Publicación no DOG, nº 64 [VER LIGAZÓN].

Información detallada en: https://www.carnota.gal/axudassubvencions/lina-de-creditos-igape-avalados-para-apoiar-as-pemes-e-autonomos-no-contexto-do-actual-brote-de-covid-19-codigo-de-procedemento-ig257/ 

31/03/2020: Decreto da Alcaldía 163/2020, do 31 de marzo de 2020, da regulación da prestación de servizos dos empregados públicos co obxecto de manter o funcionamento dos servizos públicos de competencia municipal que se consideran esenciais. [VER LIGAZÓN]

31/03/2020: FEGAMP Modelo declaración responsable para desplazamento residencia – traballo (galego e castelán.

29/03/2020: Real Decreto-lei 10/2020, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa finalidade de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19. Texto completo BOE [VER LIGAZÓN]

27/03/2020: Publicación no BOE do Real Decreto 476/2020 polo que se prorroga ata o día 12 de abril de 2020 o Estado de Alarma declarado polo RD 463/2020, de 14 de marzo (declaración do Estado de Alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19). Texto completo BOE [VER LIGAZÓN]

26/03/2020: Deputación da Coruña: Aprazamento no cobro do imposto de vehículos (IVTM) ata despois do 30 de abril. [VER LIGAZÓN]

26/03/2020: Miniterio de Interior. Orde INT/284/2020, de 25 de marzo, pola que se modifica a Orde INT/ 262/2020 das medidas urxentes en materia de tráfico e circulación de vehículos a motor durante o estado de alarma. Texto completo BOE [VER LIGAZÓN]

26/03/2020: Ministerio de Asuntos económicos e transformación dixital. Aprobación das características do primeiro tramo de avais del ICO para empresas e autónomos, para paliar os efectos económicos do COVID-19. Texto completo BOE [VER LIGAZÓN]

Información #promocióneconómica [VER LIGAZÓN] 

26/03/2020: Consellería de Sanidade: Publicación no DOG, nº 60 do acordo do 24 de marzo de 2020 polo que se establecen medidas preventivas no eido da sanidade mortuoria, como consecuencia da epidemia do COVID-19, na Comunidade Autónoma de Galicia. Texto completo [VER LIGAZÓN]

24/03/2020: Publicación no DOG, nº 58 da orde pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo de 2020, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.

Texto completo das medidas de carácter obrigatorio da Consellería do Medio Rural [VER LIGAZÓN]

23/03/2020: Documento-resumo do Real-Decreto-lei 8/2020 coas medidas urxentes extraordinarias fronte ao impacto económico e social do COVID-19, elaborado pola Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (AFIPRODEL). [VER LIGAZÓN documento completo]

21/03/2020: Aviso do Concello e Policía Local de Carnota a toda a veciñanza  sobre a limitación de desprazamentos durante o estado de alarma decretado polo Goberno pola crise sanitaria do coronavirus (COVID-19):

18/03/2020: Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facerlle fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Texto completo: BOE, núm. 73 , do 18 de marzo de 2020

18/03/2020: Modificacións das medidas respecto das limitacións de desprazamentos da cidadanía

Real Decreto 465/2020, de 17 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Texto completo: BOE, núm. 73, do 18 de marzo de 2020

18/03/2020: Resolución da Alcaldía, sobre medidas de carácter organizativo ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 (plenos, comisión de seguimento).

Texto completo [ver ligazón]

14/03/2020: O Goberno, reunido en Consello de Ministros extraordinario, aprobou declarar o estado de alarma en todo el territorio nacional por un periodo de quince días, para afrontar a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 en España.

Real Decreto 463/2020, publicado no BOE, número 67, de 14 de marzo de 2020.

14/03/2020: BANDO MUNICIPAL, comunícase a toda a veciñanza do Concello de Carnota que, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Administracións Públicas e Xustiza ditou o 13 de marzo de 2020 a RESOLUCIÓN pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19:

 

13/03/2020: Seguindo as medidas adoptadas este mediodía pola Xunta de Galicia, ademais do peche dos centros educativos a partir do luns, 16 de marzo durante os próximos 14 días, TODAS as actividades sociais, culturais e deportivas do curso impartidas nos centros comunitarios e instalacións do Concello de Carnota, quedan suspendidas dende o venres 13 de marzo indefinidamente en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes (Obradoiro de Memoria, Traballos manuais, Escolas Deportivas, Escolas de Fútbol, Venres Lúdicos, Ioga, Inglés, Escola de Música de Carnota -ESMU-), …

Estas resolucións veñen a adoptar as medidas necesarias nesta alerta sanitaria en fase de contención reforzada do coronavirus (COVID-19) que axude a diminuír o efecto que esta enfermidade poida ter na nosa sociedade.

Ademais, son de aplicación as seguintes recomendacións segundo o bando municipal publicado (tamén se pode consultar no taboleiro de anuncios):

 

Información útil

A Consellería de Sanidade ten habilitado o número de teléfono 900 400 116 PARA INFORMACIÓN E SÍNTOMAS LEVES e unha sección propia no seu portal web: https://coronavirus.sergas.es/

https://youtu.be/sEML7gPC0qg

Información actualizada á cidadanía do Ministerio de Sanidad: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm