Chega unha nova edición do Víndemo Vera IX Mostra de Promoción Local de Carnota que terá lugar do 10 ao 12 de abril.

Esta feira, que se celebra en Carnota durante a Semana Santa, reúne unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade; e un abano de postos de artesanía e creadores locais.

Ademais, por segundo ano consecutivo, a feira contará cunha zona adicada á gastronomía na que haberá demostracións e degustación das apostas culinarias de recoñecidos cociñeiros e chefs dos restaurantes da nosa zona.  

O evento conta ademais cunha ampla oferta de actividades paralelas: eventos deportivos como a BTT ou a andaina, maxia e obradoiros para os máis cativos e pola noite terán lugar, a actuación “Raigame” por parte da Asociación Folclórica Ximiela o venres 10, e o sábado 11 os concertos “De vacas” e “A banda da Balbina”.

Este ano, como novidade, a feira estará ambientada nos comezos do século XX. A praza do Concello converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Para axudar a recrear este ambiente convidamos aos asistentes a que acudan caracterizados para a ocasión!

Horario da feira: do venres 10 ao domingo 12 de abril de 11:00 a 14:30h e de 17:00 a 21:00h; domingo 21: de 11:00 a 14:30h.

Descarga o tríptico aquí par consultar a programación desglosada