Chega unha nova edición do Víndemo Vera IX Mostra de Promoción Local de Carnota que terá lugar do 10 ao 12 de abril.

Como cada ano por Semana Santa, a praza de San Gregorio de Carnota acolle unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade; e un abano de postos de artesanía de creadores locais.

Ademais este ano, por segundo ano consecutivo, a feira contará cunha zona adicada á gastronomía na que haberá demostracións e degustaciós de apostas culinarias de recoñecidos cociñeiros e chefs dos restaurantes da nosa zona.

O evento contará tamén cunha ampla oferta de actividades paralelas: eventos deportivos como a BTT (venres 10/04) ou a Andaina (o sábado 11, que percorrerá parte do “Camiño das Leiteiras”), maxia e obradoiros para os máis cativos.

E pola noite terán lugar, a actuación “Raigame” por parte da Asociación Folclórica Ximiela o venres 10, e o sábado 11 os concertos “De vacas” e “A banda da Balbina”.

Este ano, como novidade, a feira estará ambientada nos comezos do século XX. A praza do Concello converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Para axudar a recrear este ambiente convidamos aos asistentes a que acudan caracterizados para a ocasión!

Horario da feira: do venres 10 ao domingo 12 de abril de 11:00 a 14:30h e de 17:00 a 21:00h; domingo 21: de 11:00 a 14:30h.

Descarga o tríptico aquí par consultar a programación desglosada

[/et_pb_text][/et_pb_column]
[/et_pb_row][/et_pb_section]