A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña porá en marcha, en colaboración có GDR “Costa da Morte”, unha nova edición do programa de formación específica para os adultos maiores, que se desenvolverá nos meses de Marzo a Maio do 2020, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

A inscrición,
que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencial a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 5 ata o 20 de marzo.

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, e busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias, a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, coas seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL

  • Catro etapas da arquitectura antiga de Galicia. Profesor Álvaro José Iglesias Maceiras. Mércores 25 de marzo e 1 de abril, de 17 a 19 h.
  • Lingua e Literatura Galega. Profesor Xoán López Viñas. Xoves 26 de marzo e 2 de abril, de 17 a 19 h.
  • Visita Cultural: Venres, 17 de abril de 10:30 a 13:30 h.

 MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE

  • Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Profesores Manuel Soto Castiñeira e Verónica Torrijos Pérez. Mércores 15 e 22 de abril, de 17 a 19 horas
  • Agronomía de mar e montaña. Profesores Javier Cremades e Federico Pomar Barbeito. Xoves 16 e 23 de abril, de 17 a 19 h.
  • Saída de Campo: Venres 24 de abril, de 10:30 a 13:30 h.

MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

  • Neurociencia. Profesora Carmen de Labra Pinedo. Mércores 29 de abril e 6 de maio, de 17 a 19 h.
  • Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico. Profesora Isabel Raposo Vidal. Xoves, 30 de abril e 7 de maio, de 17 a 19 horas
  • Sesión práctica de exercicio terapéutico. Venres 8 de maio, de 10:30 a 13:30 h.

Con esta terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, a Universidade Sénior achégase de novo ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

Para mais información no Concello de Carnota (LOLA 981857032, 672304753).