Os móbiles teñen entre os seus distintos compoñentes minerais, como o coltán, cuxa extracción, a miúdo en minas ilegais na República Democrática do Congo, causa un grande sufrimento para as comunidades humanas e diversas especies animais, ademais de provocar a deforestación do medio.

O programa Mobilízate pola selva, promovido polo “Instituto Jane Goodall”, demanda un consumo responsable de tecnoloxía e reciclaxe de dispositivos móbiles en desuso, normalmente esquecidos no fondo dun caixón, para darlle nova vida a estes valiosos compoñentes.

Colaborando co programa Mobilízate pola selva, a Asociación Cultural Lirachiñ@s convértese en punto de recollida de móbiles en
desuso. Podes colaborar entregando calquera teléfono móbil que xa non
empregues, de xeito que se lle dea unha reciclaxe adecuada. Ademais, axudarás a promover proxectos de educación e conservación ambiental do Instituto Jane Goodall en Congo e Senegal. Implícate e axuda a cambiar as cousas!

Os móbiles poden entregarse na oficina de Servizos Sociais do Concello de luns a venres en horario de 8:00 a 14:30 h.

Máis información do Programa: http://movilizateporlaselva.org/es/quees.html