Achégase o Entroido coas seguintes actividades programadas dende os Departamentos de Cultura, Turismo e Deportes, así como das distintas asociacións do concello:

Venres 21

Festa de Entroido no Pavillón de Carnota

De 17:00 a 20:00 h encheremos o pavillón de inchables, posto lambereteiro e discoteca móbil!!!
Ao final da tarde, sobre as 19.30 h, teremos un Concurso de disfraces, con 3 premios para os mellores disfraces individuais e un premio (unha cea) para o mellor disfrace en grupo (mínimo 4 persoas). O xurado terá en conta a orixinalidade, a simpatía e a posta en escena. Non importan as idades!!!!!!!!
Para o concurso podédesvos inscribir cumprimentando unha ficha de inscrición o mesmo día no pavillón, entre as 17:00 h e as 18:00h.

Sábado 22:

Andaina saudable de Entroido

DISFRÁZATE E PONTE A ANDAR! Non perdas a ocasión de coñecer un pouquiño mellor os nosos recantos, as nosas vistas, as nosas paisaxes. Se a climatoloxía o permite, pon o disfrace e ven camiñar con humor. Podes vir só/soa, en familia, en cuadrilla ou como che pete, pero ven!

Para participar hai que inscribirse ata o mércores 19 ás 14:00 h na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Carnota ou no 981857032 (ext. 4).

A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, porén, os/as menores de idade deberán ir acompañados/as de responsables adultos/as.

Comparsa Entroideira e Lacoada con baile no Pindo (ACDR Pedramar)

Ás 18:30 h: desfile polas rúas do Pindo da comparsa “Noite de terror”.

Ás 21:30 h, no Sinal, Lacoada e Baile con DJ.

Máis información e inscricións para a lacoada no Tel. 661362991. Actividade organizada pola ACDR Pedramar.

Actuación de David Amor con “Selfie” nas Noites de Risas (organiza AC Canle)

22:30 h na Lonxa Vella de Lira. Nova actuación nas Noites de Risas que organiza a asociación Canle de Lira co apoio da Deputación da Coruña. Desta vez, David Amor presenta seu espectáculo “Selfie”.

Entradas: 10 €. Máis información e reservas no teléfono: 653 238 316

Domingo 23

Xantar e concurso de disfraces en Quilmas (ACDG Chan das Lamas)

A partir das 14:30 h. Aforo limitado (ca. 40) no local social da Asociación Chan das Lamas. Máis información, prezo e inscrición no teléfono 620 809 456.

I Festa das Delores de Caldebarcos (AA.VV. Xurde Caldebarcos)

A partir das 15:00 h, “Procesión da Virxe” dende a Fontevella para rematar na porta da Escola con Dianas e Alboradas.

Ás 16:00 h, sesión vermú co dúo musical Misiela.

Luns 24

Obradoiro de xogos no Pavillón de Carnota (de 11:00 a 13:00 h)

Obradoiro de entroido e xogos da man de Infantilandia. Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Carnota. Dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos.

Martes 25

Family Time en Lariño con Obradoiro de Disfraces e postres de Entroido (organizan Sea Change e AA.VV. Ínsua de Lariño).

No Centro Sociocultural Xosé de Torea (Lariño) en horario de 11:00 a 13:00 h.

Elaboración de disfraces con material de refugallo que xa teremos preparado, desfile con estes traxes e pequena festa con sobremesas típicas do Entroido preparadas por nós mesmos/as. A actividade desenvolverase en inglés e está dirixida a rapazada de 2 anos en diante e familias.

Máis información e inscricións no teléfono 677157233.

Mércores 26

Xogos deportivos con Fernando no Pavillón de Lamas de Castelo.

11:00 a 13:00 h. Dirixido a rapazada de 4 a 12 anos. Cómpre inscrición na oficina de Cultura e Deportes do Concello.