A programación para este Nadal está a piques de comezar, cunha gran variedade de propostas, que dende o Concello e dende distintas asociacións locais presentámosvos no seguinte díptico (indicamos entre paréntese cada entidade organizadora):  

Díptico Programación Nadal 2019-20_vf

 

Ademais, a ACDG Chan das Lamas organiza máis actividades, que podedes consultar actualizada na axenda desta web, e os nosos perfís sociais (facebook e twitter). 

Campañas de recollidas solidarias 

Este ano, póñense en marcha dúas campañas de recollida solidaria:

A primeira delas xa está activa desde esta semana e ata o 13 de decembro. Organizada pola recente Asociación Cultural Lirachiñ@s e Sea Change Community, en colaboración co Concello de Carnota, consiste na recollida de xoguetes, alimentos e produtos de hixiene e aseo (información ampliada no seguinte artigo: http://ow.ly/fhsZ50xt4KM.

A segunda é unha recollida de alimentos organizada polo Motoclub Moteir@os de Carnota para o sábado 21, na Carpa de Nadal situada nas inmediacións do Hórreo de Carnota a partir das 17:00 h (logo do percorrido da Papanoelada).