O venres 29 comezaba a II Mostra «Mares da Fin do Mundo» dedicado ao audiovisual galega. Ás 17:00 horas tiña lugar o acto de inaguración onde o alcalde, Juan Manuel Saborido e o director da Mostra, Marcos Gallego, aprobeitaban para agradecer aos asistentes, entidades colaboradoras e patrocinadoras, especialmente á Deputación da Coruña, por facer posible esta segunda edición de “Mares da Fin do Mundo”.

Nesta xornada do venres 29, dedicado ao audiovisual galego, acompañáronnos os directores de tres das catro películas proxectadas: Xacobe Meléndrez Fassbender, autor de No borrar da memoria, Carlos Prado Pampín, director de Homes de Xeo, e Manuel Lógar, director de Entre a onda e a rocha. Cada un deles presentou o seu filme e atendeu ás preguntas dos asistentes. Durante a xornada do sábado tivemos o pracer de contar coa presenza do director Adrián Canoura, cuxa curtametraxe Salitre nas veas proxectárase na xornada anterior.

O sábado comezamos ás 17:00 horas coa entrega de premios do II Concurso de Fotografía Mariñeira e coa proxección do vídeo-resumo dos traballos realizados na Escola de Cinema «Mar de Lira», para dar paso despois ás proxeccións da sección internacional: Dende Francia, A onda da alma (La vague à l’âme), de Sébastien Daycard-Heir e Bertrand Dévé, seguida do documental brasileiro Mulleres das augas (Mulheres das Águas), de Beto Novaes, e concluír co filme do aclamado Rupert Murray (Reino Unido) O remate da liña (The end of the line).

Como peche final, tivo lugar o recital de poesía mariñeira da man de poetas da Costa da Morte de gran relevancia como Francisco Fenández Naval, Alexandre Nerium, Xosé Iglesias, María Lado e Manuel de Lago.

Durante a celebración da II edición «Mares da Fin do mundo»

De esquerda a dereita os directores de algunhas da películas proxectadas: Carlos Prado, Xacobe Meléndrez, Manuel Lógar e Marcos Gallego