O vindeiro mércores, 27 de novembro, ás 19:00 h, o salón de plenos do Concello de Carnota acollerá unha charla na que se explicará como facer compostaxe doméstica.

Considerando que o o noso concello é eminentemente rural, ten moitas posibilidades de reducir a materia orgánica que depositamos nos contedores, conseguindo, por unha banda reducir o volume de lixo e por outra obter un fertilizante para as nosas hortas e xardíns. 

ENTREGÁRANSE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS A CADA UN DOS ASISTENTES.

Para calquera información adicional sobre o tema podedes contactar co Departamento de Promoción Económica do Concello, ata o día 26 de novembro nos teléfonos: 981857032 ou 672304753.