Durante a mañá de onte luns 28 outubro, o alcalde Juan Manuel Saborido, recibía ó presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, á delegada na Costa da Morte, Silvia Cancela e ó arquitecto federativo, Santiago González. Tamén estiveron presentes o concelleiro de deportes, Rafael Riveiro e o presidente do C.F. Lira, Anxo Gómez.

O alcalde mostrou a súa preocupación polo estado de conservación dos campos de fútbol de Lira e Lombáns e plantexou as melloras necesarias para cada un dos casos.  Falou tamén do seu compromiso co deporte en xeral e en especial co fútbol por ser este un deporte maioritario no noso concello.

Durante a xuntanza definíronse as liñas de actuación a seguir para levar a cabo o proxecto de rehabilitación do campo de fútbol de Portocubelo (Lira) e tamén as accións de mantemento necesarias para levar a cabo no campo de fútbol de Lombáns.

Unha vez finalizada a reunión, aproveitaron para desplazarse ata o campo de fútbol de Lombáns (Carnota) para comprobar “in situ” cales son os traballos de mantemento prioritarios nestas instalacións. As máis salientables son as seguintes:

  • Mantemento das cubertas tanto da bancada como da zona da entrada/cantina.
  • Peiteado do caucho do campo de fútbol e limpeza/desentullo das súas recollidas de pluviais.
  • Desafectación de humidades nos falsos teitos da zona de vestiarios.
  • Instalación dunha persiana metálica na cantina e mantemento das porterías (actuacións que o Concello levará a cabo en breve).
  • Pola súa parte o presidente da Federación Galega de Fútbol comprometeuse a dotar a bancada de Lombáns de butacas.

Estas propostas foron recollidas con boa disposición, quedando fixada o enmprendemento destas obras de mantemento cara o fin da presente tempada.