O Concello de Carnota segue a traballar na Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!). Durante este mes coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza.

Nesta ocasión seguimos a traballar pola igualdade de xénero e o apoderamento de mulleres incidindo dende o ámbito cultural e artístico.

ELAS, MURALISTAS: Obradoiro de arte urbana feminista.

Espazo de creación dun mural comunitario, impartido por 7h Cooperativa Cultural

Dirixido a mozos e mozas a partir de 16 anos. 

6 de novembro. 16:00 a 20:00h no Pavillón de Carnota

Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2) até o luns 4 de novembro (Máximo de 10 prazas).

COIDOME. Obradoiro de autocoñecemento para o fortalecemento persoal.

Dirixido a mulleres e impartido por: Atalaia Social.

Xoves 7 e 14 de novembro. 18:00h a 18:00h no Salón de Plenos do Concello.

Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2)

CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS.

Espectáculo de narración oral e música ao vivo de Tropa de Trapo. Dirixido a público infantil e familiar.

22 de novembro ás 17:30h no Salón de Plenos do Concello.