Esta mañá recibimos a visita dun grupo 50 de alumnos/as do Colexio Santa Apolonia de Santiago, con cinco mestres/as, nunha actividade integrada no proxecto Voz Natura.

Os distintos grupos de traballo, realizaron tarefas de limpeza na Praia de Lariño, recollendo materiais plásticos e refugallos dos areais para despois, con eles facer unha clasificación por categorías que poidan empregarse na elaboración de novos produtos.

Igualmente, como parte moi importante desta actividade está a concienciación no mantemento da natureza nun estado óptimo de conservación e limpo de plásticos, que comeza polo consumo responsable e a redución no uso dos plásticos para a salvafarda do litoral e do medio mariño.

O Alcalde de Carnota, acercouse para dar as grazas e animar a tódolos integrantes a coñecer, conservar e difundir o medio natural.