Esta mañá, o alcalde Juan Manuel Saborido Rama, xunto ao arquitecto municipal José Carlos Leis, reuníronse no Concello co Xefe de Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil Apenela co obxecto de tratar sobre a conservación e mellora na xestión do borde litoral carnotán.

Nesta xuntanza, o alcalde trasladou propostas de novos modelos de xestión das insfraestruturas costeiras a Través de Tragsa ou outras entidades en casos como o da conservación e mantemento das pasarelas de madeira no litoral, algo compartido con moitos concellos pequenos que asumen con poucos recursos o elevado custe deste mantemento. Zonas como o paseo do Pindo, a ponte da Boca do Río (que data do Prestige), ou o paseo de Lira (do 2011) van quedando obsoletas e a man de obra e os materiais son un custe demasiado alto para as arcas municipais.

Proposta de novas infraestruturas

Asi mesmo, Juan Manuel Saborido Rama propuxo novas insfraestruturas, nalgúns casos actualizando proxectos como o da senda que enlace O Pindo e O Ézaro (elaborado no ano 2006), cunha parte dunha pasarela-voladizo, e outra zona de beirarrúa ata a ponte. Unha insfraestrutura que ademáis de paseo melloraría a seguridade vial do tramo.

Outra das infraestruturas solicitadas, sería continuar o paseo dende Mar de Lira, ata o principio da praia de Carnota, na Malladoira, aproveitando os camiños dos mariñeiros, en zona de servidume, unindo as poboacións da costa dende Punta Ínsua até Caldebarcos. Neste caso, a demarcación de Costas enviará aos enxeñeiros  para estudar a viabilidade para a posta en marcha deste proxecto. 

Aproveitamento do faro de Lariño

Outro dos temas a tratar foi a viabilidade e licencia administrativa para a apertura como hotel do Faro de Lariño, un proxecto paralizado dende hai dous anos. O responsable de Costas en Galicia, Rafael Eimil deriva e eleva esta cuestión á Dirección Xeral de Madrid, xa que son varias as administracións que interveñen nesta localización: Autoridade Portuaria, Costas e o Ministerio de Fomento. 

O alcalde ten previstas varias reunións para tentar desbloquear a situación de abandono e deterioro do faro de punta Ínsua.