A finais do mes pasado tiñan lugar as xornadas de turismo consciente organizadas polo Concello de Carnota no marco do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente”. Esta iniciativa, enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia, consistía na realización de catro xornadas de turismo consciente que combinaban alimentación saudable, sesións culturais e actividades de mindfulness, ioga e pilates. O 23 de setembro tiña lugar a presentación do proxecto, á que acudían o alcalde, Juan M. Saborido Rama; a presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota, Olga Formoso Beiro; Fátima Rodríguez Figueiras, en representación da Senda das Estrelas; e o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato. Os días sucesivos á presentación realizáronse as seguintes xornadas:

  • Xornada envellecemento activo para mulleres.
    O 24 de setembro. Destinada a mulleres maiores de 65 anos, residentes no concello de Carnota.
  • Xornada creativa para mulleres.
    O 25 de setembro. Destinada a mulleres artistas no campo das artes escénicas.
  • Xornada colectivos en situación de vulnerabilidade.
    O 26 de setembro. Dirixida a mulleres en situación de vulnerabilidade, derivada colaboración da ONG Médicos Mundo con este proxecto.
  • Xornada surf.
    O 27 de setembro. Destinada a deportistas e afeccionados ao surf, coa colaboración de Abel Lago.