O alcalde, Juan Manuel Saborido, xunto con un representante da Agrupación de Protección Civil de Carnota, recibían onte en Vedra da man do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, un vehículo pick-up destinado á prestación do servizo de Protección Civil de Carnota. 

O Concello de Carnota impartía este ano 2019 un curso de formación en materia de Protección Civil organizado pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias ca finalidade de aumentar os recursos humanos e mellorar o servizo. 

Esta dotación por parte da Consellería de Presidencia dun vehículo pick-up permite reforzar o equipamento de emerxencias para que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil poida realizar o seu traballo nas mellores condicións e, desta forma, prestar unha atención máis eficaz para garantir a seguridade da cidadanía.